Etiquetas

Descoñezo se Julian Assange usou ou non condón nas súas aventuras sexuais por Suecia. Dos costumes suecos sei máis ben pouco, o que nos ensinara Alfredo Landa. A verdade é que non me importa o más mínimo. Últimamente é bastante difícil saber ónde acaba o sexo descontrolado e ónde comeza a (suposta) violación. Basta con poñer uns minutos Telecinco. No caso do derradeiro mártir da liberdade sobor de todo, tendo en conta a variedade de versións que circulan polos medios de comunicación, xa case que resulta imposible. Ten a súa coña que o home que voltou a poñer de moda as gorxas profundas sexa obxecto dunha caza por, din, o seu xeito de exploralas.

Seguir lendo Máis que gorxas tragadeiras

Anuncios