Etiquetas

 

Líneas, serie de Metin Demiralay

VII

Non poderás reclamarme o xullo dun aloumiño
nin un mililitro de saliva
nin un só metro por segundo
percorrido para ir ao teu encontro.
Ningunha das horas agardando a túa chamada
nin poderás reclamarme algún newton
que non fora empregado en da caída, levantar a túa alma.

É imposible que podas pedir
algún outro kelvin gardado nas entrañas
o calquera dos amperios que empreguei
en facerte vibrar baixo as sabas.
Non  poderás reivindicar ni un só centímetro de pel
ou calquera dos vatios que xa non me pertencen.
Non poderás pedir que che devolva nosoutros
porque ese pronome, desde o primeiros verso,
perténceme.

***

VIII

Non quero durmir soa
dende que a cama tornou unha tumba fría
sen desexo.

Non quero durmir soa
perdida na sabana extensa da túa ausencia,
pradería erma
dende que en arquexo non me colleitas.

Non quero durmir soa
quentar co pé a pel
rexión para as miñas mans ignota
cinguidas estas á lembranza da túa eslora.

Soa, non quero durmir,
rodar sobre a superficie touca,
como buxaina ilesa, inerme cousa
do teu antollo e o estro escrava.
Non quero durmir soa co teu recordo,
marioneta sen corpo
trepando por la cortinas
do ruinoso escenario do tempo,
este corpo averno  contra o que urro.

Non quero durmir soa.

Non durmo.

Anuncios