Etiquetas

 

Metin Demiralay

XII + I

Versos para non durmir
ou ver só o gume das verdades cravado nos vértices do cuarto
unha guillotina para a cordura
ou a tetramorfa expresión da posibilidade
nunha operación logarítmica,
unha monstruosidade de cálculo
e eu tenteando ser absoluta nas miñas sentencias.
Versos para non durmir
ou ver só o xeito de demorar a volta a horizontalidade,
a coordenada na que non podo loitar contra a túa ausencia,
porque sobre min non pesará a culpa de mascarche as faltas cada noite
neste vermello en que me abro.

 

XIV

Mentiras,
anacos de homes que fun poñendo sobre o folio
ata facer un collage de de sexos,
un tartamudeo de diferenzas biolóxicas
ou unha contradición de ausencias.
Porque quero só pel agora,
a sabendas que dexenero no teu canon
pero e que nunca fun rosa
nin me foi doado chegar a coller no molde
-Iso significa que estás dentro?

Desmoldarme
tocar
como se puidese desvincular de todo as transicións marcadas,
romper os estadios
ou non transitar a ningún punto concreo
TOCAR
sen a obrigatoriedade do obxecto.

Anuncios