Etiquetas

,

Metn Demiralay

XV

Cómo me gustaba faltarlle a normativa
e dicir téñote deseo,
predisposto a min dende o val corpóreo,
morno accidente,
onde te amo con faltas
con tantas faltas
que só podíamos aspirar a reformarnos,
reconstruírnos
borrarnos os contornos ,
as marcas, o perímetro
ata ficar sen beizo para as bilabiais
e amarnos arcas de seo sen arbitrio.

XVI

Déronme a culpa
coma quen regala labazadas nunha película de acción,
un puro sen sentido de golpes
e botar a perder litros de gasolina
en corpos que arden tan ben se nos achegamos abondo.

O pecado,
foi un obsequio tardío
e nunca se sabe qué facer con tantas penitencias
cando non colle baixo a alfombra
mais de un delito de sangue a vez.

Eu que non sangrei o día D
pero sangro en tódolos versos
nos que lembro que o teu nome de pía era cristián
e o teu alcume unha  pura blasfemia.

Anuncios