Etiquetas

, , , , , , , ,

Nicolas Sarkozy, Françoise Hollande e Marine Le Pen

Sarkozy é un auténtico especialista en manexar os tempos e os medios ao seu favor pero aumentan as voces dentro do seu propio partido que din que estes son cada vez máis curtos. Son moitos os analistas galos que consideran que a batería de medidas impopulares anunciadas o domingo colocan a súa reelección nun territorio cercano á quimera. Porén, o mandatario, volveu tirar do seu dominio do story telling político o mesmo que o levou ao Elíseo en 2007 e agora tanto anoxa aos franceses canso da mensaxe de eu sei o que hai que facer. Quizabes por iso comezou diplomático sinalando que os franceses «son lúcidos e saberán apreciar que vivimos unha crisis histórica».

A crise non golpeu a Francia tanto como aos veciños. A pesar da rebaixa da triple A ―máis grave para o orgullo que para a economía real―, o país soporta un un paro do 9,8% (doce puntos porcentuais menos que en España) e o presidente sabe que o cidadán da rúa está máis preocupado polo que poida acontecer pasado mañán que hoxe ou mañán mesmo. O colchón estatal é aínda moi mullido e a xente así o percebe a pesar dos recortes impostos desde principios do ano pasado, fundamentalmente en educación. Non hai disturbios nos suburvios das grandes cidades e o As da emigración máis delincuencia aínda está sen xogar. Pero a carta da inseguridade está latente. O que fixo Sarkozy o domingo foi levar a crise á casa dos máis de quince millóns de espectadores que viron a súa entrevista e, de paso, facer que esta fagocite unha campaña na que parte en clara desvantaxa pola desafección cara a súa persoa.

Pero como se explica esa manía. «É unha cuestión personal, o alarde que fai da súa persona por enriba de todo, o seu egocentrismo, leva anos dicindo que vai facer que o sabe facer e xa estamos fartos». Así o explica Pierre-Paul Gregorio, xefe do Departamento de Español da Universidade da Borgoña e cunha ampla traxectoria na análise do discurso político a través dos medios de comunicación, área da súa especialidade. «En Francia temos unha longa experiencia de presidentes moi personalistas, Mitterrand, De Gaulle… o que pasa é que nunca eles se presentaron como un punto e aparte na tradición republicana e se situaron por enriba do cargo que ocupan», considera e engade que «odos sabían que viñan de algo, un algo, os valores da República que Sarkozy, dalgunha maneira conseguíu tirar polo chan».

A dereita declárase herdeira do xeneral De Gaulle que, como reza un conto local, conseguíu facer pasar unha dictadura efectiva por unha democracia plena a ollos internos e externos. Na mentres, Miterrand segue a ser o grande referente dunha esquerda que vive sumida nunha longa travesía polo deserto despois de que en 2002, Lionel Jospen quedara apeado da segunda volta das presidenciais pola ultradereitista Fronte Nacional. «O goberno de Jospen foi un autentico desastre para o socialismo», explica Gregorio, «por eso agora Hollande reclama a figura de Miterrand e unha especide de xiro á esquerda que, eu creo, agarda unha boa parte da sociedade francesa que debece por un cambio claro en materia política».

Hai que lembrar que Sarkozy foi o presidente francés máis popular da V República e hoxe o se índice de desaprobación chega ao 70%. Até Marine Le Pen, líder da FN, goza dunha menor nota de desaprobación (60%) por parte dos seus concidadáns. Sarkozy chegou ao poder en maio de 2007 co lema de «Xuntos, todo é posible», no entanto, a súa maior victoria até o momento foi elevar a idade de xubilación en Francia desde os 60 aos 62 anos. Porén hai que ter en conta que a impopularidade do mandatario galo comenzou a facer augas antes de que a economía mundial fora a pique. E moi cedo, poucos meses despois de gañar nas urnas.

O filósofo Pascal Bruckner sinala que «se en EEUU o sexo é tabú, en Francia o é o diñeiro». Está, pero mellor non falar del e, menos, facer alarde. Todo o contrario á actitude dun Nicolas Sarkozy ao que pola súa maneira coloquial de falar, a súa arrogancia e a súa admiración por George W. Bush, pronto apodaron Sarko o americano. «Eles coidan que é un insulto, pero eu tómoo como un cmplido», confesoulle a un enviado do ex presidente norteamericano, segundo un dos cables diplomáticos desvelados por Wikileaks hai un ano. Sarkozy ofreceuse como un novo modelo de poder francés, empeñado en forxar un futuro aínda mellor que o pasado idealizado. Para os franceses, era estrano pero emocionante, e acabaron por comprar o producto fronte ao ofertado pola socialista Ségolène Royal.

Da presidencia francesa agárdase certo aura de refinamento estético (as vergoñas, que son moitas, é mellor mantelas na intimidade) e intelectual que dignifique á nación. Mais Sarkozy nunca pretendeu irradiar nada polo estilo e non agochou nunca o seu gusto polo diñeiro e o luxo. «Eu quero ser o presidente que dignifique o capitalismo», contestaba aos críticos aló por 2007.

Hai quen explica que esta actitude advenediza débese ás súas orixes. Á súa falta de pedigrí nun país cuxos mandatarios pasan casi como condición sine qua non polas elitisas escolas superiores de París. Sarkozy foi pero non chegou a acabar. Fillo dun aristócrata húgaro vido a menos e dunha muller de orixe grega e sangue xudea (o antisemitismo é unha das pantasmas francesas) da burguesía parisina comeza como concelleiro na súa vila natal, Neuilly-sur-Seine, un suburbio de París. En 1983 faise coa alcaldía e un suceso acontecido en 1993 convérteo en celebridade nacional. Un home entrou nunha gardería con explosivo e amezando con facelos estoupar mantén como reféns a varios cativos e profesores durante 46 horas antes de ser abatido pola policía. No tempo que durou o secuestro, Sarkozy chegou a entrar no recinto só e desarmado até en oito ocasións conseguindo a liberación de varios dos reféns. Naquel suceso conseguíu a fama de duro e resolutivo da qye fai gala. A partires de aí o estrelato como protexido de Édouard Balladur primeiro e despois de Jacques Chirac. A pesar de manter con este importantes enfrontamentos acaba impoñéndose a Dominique de Villepin na sucesión de Chirac e en maio de 2007 gaña a presidencia.

Antes, en outono de 2005, varios suburbios de Paris e outras cidades arden a causa de disturbios protagonizados por mozos, a maior parte franceses de orixe estranxeira e tamén inmigrantes árabes. Sarkozy ponse diante dos dispositivos policiais e, ante as cámaras, clama: «Hai que limpar as rúas de racaille (chusma, pero que no argot da calexa contén unha connotación racial».

«A súa actuación», explica Gregorio, «era máis teatro que outra cousa pero soubo ler as preocupacións da xente da rúa á que lle queimaban os coches e non podía ir a traballar e que estaba farta dunha delincuencia de baixo perfil que o PS se empeñou en suavizar dicindo que era un problema da sociedade. A xente de a pen non entende máis aló do seu coche queimado». Por eso, na campaña das presidenciais de 2007, Sarkozy apelou aos valores perdidos do traballo, a disciplina, e, sobre todo, á grandeza perdida de Francia. Na primeira volta destrozou ao FN rebasándoo pola dereita e facendo seus mpoitas das propuestas ultradereitistas en materia de seguridade e inmigración. Na segunda, comeu  a Ségolène Royal e ao PSF.  «A Francia na que creo é a dos traballadores que crían na esquerda de Jaurès e Blum», dixo invocando a dous dos patriarcas do socialismo histórico francés Jean Jaurès e Léon Blum, «e que non recoñecen a esta esquerda inmobilista que xa non respecta aos traballadores».

A vitoria foi unha marcha militar, pero seis meses despois das eleccións a sua imaxe estaba polo chan. Ao seu telenovelesco divorcio houbo que engadir o seu compadreo con Gafadi, vista por moitos como unha humillación de Francia ante un terrorista internacional. O seu incidente cun agricultor que se negou a darlle a man nunha feira de gando, xesto ao que o presidente respondeu cun «ti o perdes, con (cabrón, perdedor)» fue captado polas cámaras e o vaso terminou por rebosar. A súa imaxe, pese a pequenos repuntes, nunca se volveu recuperar.

Na busca do tempo perdido

De Gaulle é dalgunha maneira o pai da grandeur francesa, unha grandeur que hoxe moitos franceses botan en falta polo que cunde o pesimismo de cara ao futuro. De Gaulle dotou a este país dunha narrativa até certo punto heróica (para o bo e para o malo). O seu foi un periodo de case trinta antos nos que, ademais de lavar a imaxe dun país tras a Segunda Guerra Mundial foi quen de imaxinar o mito da Francia resistente. Tres décadas ademais de prosperidade e crecemento económico e cultural sen parangón. Moitos son os que hoxe botan de menos aqueles Trente Glorieuses. Francia lideraba entón un imperio global. Aquela era uha certa globalización diferente da actual, en dous sentidos. Acontece, no entanto, que unha boa parte dos franceses perciben esta como un ataque cara Francia e da que Francia pouco está a sacar.

Marine Le Pen fai alarde de sentido común e, o máis importante, di en voz alto o que moitos franceses pensan na intimidade. Sen moverse, sabe que é unha parte de Francia a que se está escorando cara os seus postulados.

En certo modo esta é a fibra que está a premer, como aposta a longo prazo, Marine Le Pen. A heredeira da disnastía baltarina gala, esa consistente en que o liderado pasa de pais a fillos, estase a destapar como unha dirixente a ter en conta tanto por votantes como polos partidos políticos tradicionais. Nas enquisas, a Fronte Nacional viaxa con vento de cola ―cunha intención de voto estable en torno ao 18% e cos seus actos sempre a rebordar a pesar de cobrar cinco euros por asistente―, e a ultradereita gala soña con que a milagre de 2002 poida producirse de novo.

Marine Le Pen non renunciou un chisco ao discurso populista da formación extremista pero si conseguíu suavizalo para facelo máis dixerible de cara á cidadanía. Sen moverse dos postulados que guían á súa formación, Marine Le Pen preséntase como unha nai todo terreno ao cargo dos seus fillos. Fai alarde de sentido común e, o máis importante, di en voz alto o que moitos franceses pensan na intimidade. Sen moverse, sabe que é unha parte de Francia a que se está escorando cara os seus postulados. A proba foi unha frase pronunciada polo propio Sarkozy na entrevista do domingo, unha luba recollida rápidamente por Le Pen. O xefe do Estado dixo que existe unha división na sociedade, entre os que creen en Europa e os que non, un discurso que en boca de Le Pen significa a liña que separa aos globalizadores e aos nacionais.

A súa estratexia é enfrontar ao bloque formado pola UMP, PS e os centristas de Bayrou, fronte a Fronte Nacional, único partido «resistente» ao novo orde mundial encarnado polo federalismo europeo. Horas antes da entrevista, nun acto en Perpignam, Le Pen sinalou: «o tema central destas eleccións é o modelo. Non se trata dunha elección presidencial como calquera outra, é un referendo sobre o modelo global, paralo ou continuar».

Le Pen xa non carga contra a inmigración musulmana cuxo partido compara coas hordas Nazis durante a ocupación da Segunda Guerra Mundial pero todos os días repite que a UMP de Sarkozy e o PSF de Hollande son iguais, que se esqueceron dos franceses e que só responden aos dictados das élites emconómicas e ós mandados de Bruxelas. Le Pen fai bandera contra a globalización o que deixa a Sarkozy e a Hollande nunha posición difícil e que pode viciar a campaña, como xa se puido comprobar no discurso de Hollande en Le Bourguet, hai unha semana e que lle servíu para inaugurar a súa carreira, e no que de maneira subrepticia acabou por facer seu o chamamento para facer «máis Francia». Sexa o que sexa o queira dicir esto.

Anuncios