Etiquetas

, , , ,

O tenente Blueberry

Todos os meus cómics están de loito. Din que un toma consciencia de que se está a facer vello no momento en que comeza a soterrar heroes. A min onte morréronme dous: Gir e Moebius. Dous héroes, unha mesma persoa, varios mundos infinitos. Por una banda estaba Gir, Jean Giraud, o pai de Blueberry, ese tenente confederado que vaga por un Oeste sempre crepuscular. Por outra, estaba Moebius, a persoa dotada dunha imaxinación sen límites para, cal deus ex machina, crear mundos abarcabeis só dentro da súa propia mente e expoñelos nun garaxe hermético. Ambos os dous, Gir e Moebius, desapareceron canda a persoa que lles deu a vida, Jean Henri Gaston Hiraud. Tiña 73 anos e foi incapaz de superar unha longa enfermidade, que é ese eufemismo diabólico para referirnos ao cancro que nin as mentes máis prodixiosas son quen de vencer.

Cando cumplíu 65 anos, Jean Giraud decidíu que xa era demasiado vello para seguir fumando marihuana, a herba moura que o acompañara toda a vida na súa mesa de traballo. Entrara en contacto con ela sendo aínda un cativo, pouco despois de trasladarse a México coa súa nai, que casara cun home daquel país.

Daquel mundo tan distinto Nogent-sur-Marne, o suburbio parisino onde nacera o 8 de maio de 1938, ademais da afección polo cannabis trouxo una estética pictórica que logo vertería en moitas das súas obras, desde as de corte máis clásico até as máis vangardistas. “Alí coñecín o jazz, o sexo, disfrutei do peiote, aprendín castelán, probei todo tipo de productos lisérxicos… e recoñezo que hai meses dos que non teño lembranza algunha”, admitía, burlón, nunha das súas derradeiras entrevistas, concedida con motivo da inauguración en outubro de 2010 dunha exposición antolóxica da súa obra na Galería Cartier de París.

Os seus primeiros pasos na BD

Pese a pasar pola Escola de Artes Aplicadas da capital francesa, a súa verdadeira formación foi a  vida e sobor de todo o cine. Con apenas dezaoito anos comezou a traballar como ilustrador para a publicidade e rapidamente entra colaborar nalgunha das múltiples revistas ilustradas que poboan este paraíso terreal da banda deseñada que é o territorio franco-belga. Os primeiros pasos no mundo das viñetas deunos da man dun dos pais da banda deseñada belga, Jijé ―seudónimo de Joseph Gillain―. Corrían os anos sesenta e Francia desangrábase nunha guerra civil que se libraba no norte África. Alí foi destinado Jean Giraud de onde regresará en 1964 para crear, xunto ao guionista e escritor Jean-Michel Charlier, o que será un dos seus grandes legado á historia da Banda Deseñada: O tenente Blueberry.

Jean Giraud, Moebius

O tándem Giraud-Charlier foi quen de entregar vinte e seis albumes antes da desaparición, en 1989, do guionista. Despois foi Giraud quen continuou en solitario dando vida a Blueberry. O derradeiro álbum, Apaches, con guión de Giraud apareceu en 2007. Porén, continuar coa personaxe que lle deu fama ―e tamén e non menos importante para o que logo desenvolvería Moebius en paralelo, cartos―, non lle sairía de balde. Debido en boa parte ás malas relacións entre Giraud e o fillo e heredeiro de Charlier, no tinteiro quedaría un álbum inconcluso. Esta historia levaba por título Blueberry 1900 e nela o autor pretendía dar un golpe de timón á serie adiantándose ás liñas mestras que poboan hoxe o universo do Western na BD, léanse series como por exemplo Cowboys & Aliens. Naquela obra, o Western clásico mesturábase coa ciencia ficción entrando en escena pantasmas e zombies. Nunca viu a luz e o propio Moebius, moi afectado, chegou a perder o seu pulso creativo durante un tempo.

Foi Blueberry quen o cambiou todo e, consciente o seu autor, esta era unha das poucas series que seguía asinando co seu nome verdadeiro, Jean Giraud. Estamos ante o cómic máis clásico e elegante, de liña fina e detallista onde nada se deixa fóra de control coa finalidade de dotar de verosimilitude a personaxes e escenarios.

O Oeste de Giraud é o que mamou nas películas das que tanto gustaba ―pasou épocas nas que consumía até oito filmes á semana, o que marcaría sobre maneira a súa posterior relación coa novena arte―. Trátase dun Oeste violento e sofocante, escenario perfecto para as correrías do tetente Mike Donovan, un confederado acusado dun crime que non cometeu que se atopa perdido no Norte de EEUU nos albores da Guerra de Secesión. Íntegro e leal cos amigos, buscavidas e buscabullas, amante das mulleres e o bourbon. Un antiheroe con múltiples arestas como o medio onde se desenvolven as súas aventuras. O Western clásico de Moebius, finalmente, non o é tanto pero o autor así o consegue do mesmo xeito que hoxe consideramos clásicos os Spaghetti Western de Sergio Leone, a violencia crepuscular de Sam Peckinpah e o universo apocalíptico das novelas de fronteira de Cormac McCarthy. A serie orixinal víu nacer até dous spin offA xuventude de Blueberry e Marshall Blueberry, a cargo de outros artistas.

 

Seguir lendo Blueberry que estás nos ceos infinitos de Moebius en Dioivo

Anuncios