Etiquetas

, , , ,

A editorial do xornal Le Monde de onte comezaba dando a clave: “A crise votou. Masivamente”. En catro palabras, o principal rotativo galo explicaba dous dos factores que marcaron o primeiro combate dunhas presidenciais que se dirimirán o próximo 6 de maio. Por unha banda, os votantes acudiron masivamente ás urnas desmentindo unhas sondaxes que prognosticaban unha alta abstención; e fixérono para amosar que, en democracia, a discrepancia e o enfado xeral coa marcha das cousas faise dun xeito sinxelo: votando. Por outra, lembraban que a situación de desafección e tamén de indignación provocada pola actual crise económica á que uns gobernantes semellan incapaces de facerlle fronte sen outro remedio que atacar aos únicos que non son responsable dela era apoiando a unha candidata que se presentaba como “antisistema” e inimiga da tripla que os está a afogar: os partidos tradicionais e a súa alianza cos mercados no seo Unión Europea que dista moito de ser ese espazo de cidadanía que nos venderon hai xa demasiado tempo. (…)

Seguir lendo Un ogro tras a porta en Dioivo
Seguir lendo Un ogro tras a porta en Galicia Confidencial
Seguir lendo Un ogro tras a porta en Praza Pública 

Anuncios