Etiquetas

, ,

Era o paradigma da imaxe que México gustaría de exportar ao mundo: branquiño con rasgos marcados, guapo, pijo, educado e cunha labia exquisita para engaiolar señoras. Tamén un excelente escritor. En cada unha das súas obras foi quen de trazar a cartografía dun país que arrastra a maldición de Porfirio Díaz: «tan lonxe de deus e tan cerca de Estados Unidos». Quizabes por iso de non ser profeta na súa terra, famosas son as súas disputas con Octavo Paz e, posteriormente, có discípulo de este Enrique Krauze, quen o acusaron de seren «estranxeiro no seu propio país» e de «reclamar unhas credenciais que non ten». Chegou máis aló Krauze ao cualificalo de símbolo dun apelativo envelenado: a guerrilla dandy. Os gardiáns das esencias son sempre así. Non só pretenden dicir que batallas hai que loitar, senón como facelo. Nada máis lonxe da realidade. Precisamente pola súa forma de ver o mundo, desde fóra cara dentro e desde dentro cara fóra, foi Carlos Fuentes un dos máis universais, cando non o máis mexicano de todos os intelectuais daquel país.

Carlos Fuentes (Panamá, 1928) morreu onte nun hospital do DF. aos 83 anos. O seu pasamento colleu de sorpresa a propios e estraños. Non hai pouco, el mesmo nunha entrevista a un medio español falaba dos seus futuros proxectos, entre eles unha novela de próxima aparición que agora virá coa etiqueta de póstuma para maior gloria dos seus lectores e, especialmente, da súa editorial.

Con Fuentes marcha un expoñente do escritor total. Coma Jorge Luís Borges, Fuentes non soubo ou non quixo facer outra cousa na vida que escribir. Axudou ara cumprir o seu destino manifesto que nacera nunha familia con posibilidades, cun pai diplomático que lle permitiu viaxar e ter unha educación multidisciplinar e multicultural que sería envexa de calquera. Falaba varias linguas e vivía a cabalo de México DF., Londres e Nova York. Graduouse en Dereito na Universidade Nacional Autónoma de México e no Instituto de Altos Estudios Internacionais de Xenebra. Deixa unha bibliografía inmensa que abarca ensaio, teatro, conto e guión cinematográfico ―o cinema foi a súa outra gran paixon colaborando con xente coma Luís Buñuel, entre outros―, ademais de vinte e tres novelas. En vida recibiu case todos os premios literarios agás o Nobel―din que pesou a súa polémica con Paz―, incluído o Cervantes en 1987.

Seguir lendo Adeus gringo vello en Dioivo

Anuncios