Etiquetas

, , , , ,

Albert Camus, coas cores do equipo da Universidade de Arxel, R.U.A, en torno a 1930

Xustificar por que me gusta o fútbol paréceme tan estúpido como explicar as razóns polas que gusto do bourbon e dun bo libro antes de durmir. Pese a non ser un fanático entre os meus incontables vicios figuran en lugar prominente o fútbol e os libros. Como obxectos materiais cos que encher espazos (físicos e temporais) baleiros e como contenedores de historias cheas de drama, comedia, heroes e máis viláns, intres sublimes e outros non tanto. Mouriño ten o seu reverso en Guardiola, do mesmo xeito que Vargas Llosa non descansou até igualar a García Márquez no cumio de Estocolmo. Maradona é un deses heroes caídos propio dos grandes novelóns da literatura rusa e o seu malditismo e extravagancia sempre será preferido ao oficialismo de Pelé. Ao igual que a escritura automática, o fútbol carece de regras até o punto de que o Chelsea é capaz de gañar unha Copa de Europa e Grecia afrentar, en 2004, o Olimpo futbolístico para agora pagar a conta que lle pasan polo seu atrevemento. Pode, incluso, que Manolo Preciado chegara a tocar os nosos corazóns como os atormentados personaxes de Albert Camus, incapaces de escapar ao seu tráxico destino. Foi Camus un deses que contra a moral apocalíptica que ameaza con rexer os designios culturais soubo ver a beleza do xogo máis aló das liñas que marcan as liñas de cal. Pode que a súa reflexiva mirada sobre o fútbol teña que ver con que xogaba de gardamallas na súa Alxeria natal. Quizabes, na soidade da área pequena cavilase en moitas das situacións que logo envorcou en libros como A Peste ouO estranxeiro. Foi el quen deixou dúas máximas para a historia literaria, humana máis, sobre de todo, futbolística: Todo o que sei da vida débollo ao fútbol, dixo quen asegurou que non hai máis patria que a selección nacional de fútbol. Camus sabía que coma na vida a pelota nunca viña por onde un agardaba.

Seguir lendo, Fútbol a pesar de todo en Letra en obras.

Anuncios