Etiquetas

, , , ,

Coincidindo coas crónicas que estou facendo sobre a experiencia de intentar votar desde Francia nas próximas Eleccións Autonómicas de Galicia previstas para o 21 de outubro, acábanme de remitir esta carta dende Noruega onde se pon de manifesto a dificiltade coa que moitos galegos no exterior teñen que lidiar para exercer o seu dereito democrático como cidadáns. No seu caso, votar convértese case que nun imposible se un non dispón de tempo e, sobre todo, de cartos. Máis unha vez, o sistema actual é a demostración de que aínda hai clases entre a cidadanía.

Sen máis, remito a misiva xa que pediron a máxima difusión posible do seu caso.

Sorte.

Privados do dereito ao voto, ou facer unha viaxe de 3200km

Estudiantes galegos residentes temporalmente na cidade norueguesa de Tromso, vemos como “de facto” se nos está a privar de execer o dereito ao voto nas vindeiras eleccións galegas.

A actual normativa electoral prevé que os electores residentes temporalmente no estranxeiro, que non  estean censados dun xeito definitivo no exterior e polo tanto se manteñan inscritos no padrón dalgún concello de Galica, deberán presentarse persoalmente na Oficina Consular ou  Embaixada máis próxima á súa residencia para solicitar o “Certificado para voto por correo de electores temporalmente residentes en el extranjero” o que lles permite posteriormente solicitar toda a documentación para exercer o dereito ao voto.

Ante a imposibilidade de tramitar o voto no consulado de España na cidade de Tromso,  decidimos pornos en contacto coa embaixada española en Noruega localizada en Oslo. O contacto fixémolo en primeiro lugar telefónicamente e nunha segunda instancia por escrito (carta abaixo), nos dous casos se nos informa que para iniciar o trámite para exercer o dereito ao voto debemos presentarnos persoalmente naquela embaixada. O problema é   que a cidade onde residimos Tromso, dista mais de 1600km da capital Oslo, polo que na prática resultanos inviable poder desprazarnos ata a delegación española, (por incompatibilidade cos nosas ocupacións e polos gastos de desprazamento e estancia). A circunstancia foi posta en coñecemento do sr. Embaixador, do que ate agora só recibimos boas palabras mais ningunha outra solución que non fose realizar a viaxe de mais de 3200km para logo recibir na nosa residencia actual a documentación precisa para votar.

Mediante esta queremos trasladar a opinión pública galega a nosa indignación polo que consideramos de feito a privación do noso dereito fundamental ao exercicio do voto.

Agradecemos a difusión desta información na esperanza de que elo contribúa a solucionar o problema que padecen moitos estudantes galegos espallados por Europa.

Anuncios