Etiquetas

, ,

Isto de saír da crise botando á xente á rúa é algo que algún día estudarase nas escolas e todos botaremos unhas risas. Porque se neste ano catro do cambio de réxime algo quedou claro é que nunca nada volverá ser como foi pola sinxela razón de que hai tempo que vivimos instalados na normalización do disparate. Nas últimas décadas, cativo e desarmado o bloque comunista, todos viviamos felices no soño eterno do libre mercado sen maiores consecuencias máis que as puramente derivadas da lóxica darwinista. A socialdemocracia fíxolle o traballo sucio aos fillos de Milton Friedman polo que estes agora campan ás súas anchas polo mundo civilizado que se cría libre de pecado. Como deixa ver Naomi Klein en La doctrina del Shock todo responde a un plan premeditado e nós simplemente somos os miolos nos que aplicar os eléctrodos para que todo este disparate sexa unha realidade.

(…)

Namentres, aquí estamos aplicando unha reforma laboral que tras ano e pico de Goberno disparou a taxa de desemprego do 21 ao 25% facendo de España un caso único so comparable ao milagre dos pans e os peixes a ollos da ministra Fátima: “esta reforma laboral está mantendo moitos postos de traballo”. Ninguén lle poderá nunca reprochar a Báñez a súa fe cega no sistema, xa sexa este terreal ou divino. Non en van, estas alturas tranquiliza saber que o de parir sen coñecer varón foi comprobado cientificamente mentres que o do boi e a mula era pura ciencia ficción. Malo será que boi e mula, desafiuzados, non puideran aforrar estes séculos 160.000 euros cos que mercar a residencia en España e, de paso, levar un piso de balde. É tan sinxelo o disparate que un xerifalte do poder veu explicar o conto de maneira excepcional: “Non se pode poñer un prezo máis baixo, porque xeraría unha demanda masiva de permisos de residencia”. Eís, por fin o que os críticos literarios deron en chamar realismo máxico que traducido é: tampouco queremos que se nos encha isto de xentuza.

Ler completo A normalización do disparate en Praza.coma

Anuncios