Etiquetas

, , , , , ,

Artigo publicado o 15 de abril de 2013 para a campaña de apoio a Carlos Calvo

Non coñezo a Carlos polo que para min foi unha sorpresa que me pediran participar nesta xanela de protesta pero, sobor de todo, de esperanza. Si coñezo a xente que escribiu sobre Carlos. Sei que eles non poden estar trabucados. Por iso non dubidei facer da súa, tamén a miña causa. De Carlos sei que é xornalista, coma min. De Carlos sei que é un mozo comprometido coa cultura do meu país e tamén coa defensa das causas sociais, algo que ultimamente non está ben visto polo marasmo de inmundicia no que algúns teñen convertido o sistema que nos chegou dado. De Carlos sei que que non está na súa casa, cos seus, senón na cela nunha penitenciaría de Salamanca. Sobre el pesan acusacións tan faltas de contido como a de suposta «pertenza a organización terrorista» aínda que ninguén nos dixera de que organización se trata nin haxa, arestora, sentenza algunha que así o corrobore. Supoño que Carlos é coma min, coma vostede, coma nós. Os que comezamos sendo perroflautas, fomos ETA e agora xa somos nazis, nunha bocallada continua onde só o ceo é o límite. Simplemente por pensares de xeito diferente ao que nos ven imposto. Hai quen a esa «organización terrorista» lle chama Resistencia Galega, unha nebulosa infinita que semella máis ben saída da mente quecida dun redactor de sucesos ante a páxina en branco que da mesma realidade. Quen emprega ese termo para falar da suposta organización, ou moi pouco coñece o país, ou, ao contrario, moi ben coñece ao Estado.

Continuar lendo aquí

Anuncios