Etiquetas

, , ,

SCOTT OLSON / GETTY IMAGES

SCOTT OLSON / GETTY IMAGES

Hai pouco nun barrio de Chicago houbo un tiroteo. O resultado foi un morto, un máis a engadir aos 387 rexistrados este ano e que fan da cidade máis grande do Midwest unha das máis violentas do país. A peza emitida no noticieiro da noite, un par de minutos, remataba coas verbas dun neno que respondía a pregunta dunha xornalista:

—Tes medo de vivir aquí?

—Si. 

—Que vas facer cando sexas maior?

—Mercar unha pistola.

E final. Cun neno que apenas levantaba dous palmos do chan dicindo diante das cámaras que ía mercar unha pistola. O que non podían saber os telespectadores era que a frase do neno non rematara aí. A frase completa do neno era: «Mercar unha pistola e facerme policía». Pero iso non o consideraron oportuno os encargados da canle. Tiñan algo mellor. O malo coñecido. Un rapaz negro que quere mercar unha pistola.

Ler Estampas da América dividida na Luzes deste mes.

Anuncios